Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Axencia de Doazón busca recuperar os niveis de doantes de antes da pandemia

donación

Unha unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) desprázase esta semana a nosa bisbarra para facilitar que toda a veciñanza poida facer as súas doazóns de sangue. Hoxe luns estará en Soutomaior, concretamente na rúa Xosé Solla de Arcade en horario de 16:00 a 21:00 horas. O mércores 26 desprázase á Alameda de Chapela tamén en horario de tarde dende as 15:30 a 21:00 horas.

O obxectivo é recuperar a participación de antes da pandemia e lograr acadar as recomendacións da Organización Mundial da Saúde en canto ás taxas de doazón, que ascendería a 40 por cada 1.000 habitantes. A día de hoxe, tal e como nos explicaba Carlos Areal, xefe de servizo de ADOS Galicia, a cifra en Redondela está por baixo do recomendado.

Non así en Galicia, onde si se cumpren os parámetros. Con todo, non hai que relaxarse porque é preciso que as doazóns sexan algo estable día tras día para poder atender á demanda existente nos hospitais.

O Doutor Areal anima a veciñanza a doar “nun proceso rápido, sinxelo e indoloro” que permite salvar vidas e no que pode participar calquera persoa maior de idade, que pese máis de 50 kilos e que non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles pola sangue.

As persoas que o desexen poden achegarse ao punto habilitado no Hospital Nicolás Peña en Vigo ou acudindo ás unidades móbiles que se desprazan por todo o territorio. Recomenda ademais que se concerte cita previa no teléfono 900 100 828 para así evitar esperas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará