Hoxe é Domingo 28 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Obras de mellora do saneamento no camiño Monte do Cuco

montedocuco

O Concello de Redondela iniciará proximamente as obras de renovación de servizos e pavimentación da zona sur do camiño Monte do Cuco, entre as parroquias de Cesantes e Redondela. Os traballos, que contan cun investimento de 134 231,57 euros, serán financiados con fondos propios do Concello con cargo ao Remanente de Tesourería.

O obxectivo da actuación é renovar a rede de saneamento de cara a optimizar o seu rendemento e mellorar a prestación deste servizo básico ás veciñas e veciños da zona. Dado que os traballos contemplan a separación de augas pluviais e saneamento, o proxecto prevé o estendido de 223 metros lineais de tubaxe de PVC-250 para recollida de pluviais, traballos que se complementan coa construción de catro arquetas, 13 pozos e 13 acometidas de pluviais amais de 41 metros lineais de sumidoiros.

Doutra banda colocaranse outros 223 metros de tubaxe de PVC-250 para o saneamento con 12 arquetas e outras tantas acometidas e 17 pozos de saneamento.

Unha vez rematados os traballos de colocación das tubaxes procederase ao estendido de 1 870 metros cadrados de pavimento de formigón.

A alcaldesa Digna Rivas destacou a importancia dunha obra “que da continuidade a un ambicioso proxecto de mellora de infraestruturas e servizos básicos das parroquias”. A alcaldesa de Redondela lembrou que a dotación destes servizos aos núcleos rurais “foi, e segue a ser, unha das nosas prioridades”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará