Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Conta atrás para a temporada de remo

batelChapela

Imaxe de arquivo dunha regata de bateis da pasada temporada

En tres semanas comezará oficialmente a temporada de remo en Galicia. O calendario de bateis arrincará o 12 de febreiro en Moaña. Á cita non faltarán os clubs redondeláns de Chapela e Cesantes. Os equipos da zona sur teñen xa en marcha todos os preparativos. Confían en que a pandemia da Covid permita celebrar a tempada “con certa normalidade e sen equipos confinados”, como apunta Julio Prado, o presidente do CR Chapela. Sinala que os rapaces e rapazas levan moito tempo traballando duro “coas ilusións postas neste comezo de temporada”.

Julio Prado, presidente do Club de Remo Chapela

Un ano máis o club de Chapela competirá en todas as categorías, un total de dez, e confía en que a súa canteira demostre un ano máis “estar entre as mellores da provincia”. Tamén o CR Cesantes traballa de cara ao inicio da liga de bateis, na que competirá en 6 das categorías.

Un ano máis Chapela competirá en todas as categorías de bateis, un total de 10 entre masculinas e femininas

Dobre cita de bateis en Arealonga

A primeira das probas, o 12 de febreiro, será a Bandeira Concello de Moaña en Tirán, seguíndolle a continuación a Bandeira de Vigo, 26 febreiro; Lavanova no Grove o 5 marzo; Bandeira Amegrove en Porto Meloxo, o 13 Marzo; A Guarda, 19 marzo; Concello Bueu, 26 marzo; Concello Cangas, 27 marzo e Bandeira Comunidade de Montes de Domaio, o 2 abril. O calendario de bateis ten logo unha dobre cita en Redondela. Será coa Bandeira do Porvir, o 9 abril e a Bandeira Concello Redondela, o día 10 abril, nos dous casos organizadas polo CR.Chapela. Serán as últimas probas antes do campionatos territoriais (16 e 17 abril) e o Campionato Galego o 23 e 24 abril, para rematar co Campionato de España o 30 abril e 1 de maio.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará