Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello de Soutomaior perde unha subvención para mellorar os accesos en Moreira

MOREIRA

A Deputación de Pontevedra acaba de notificar ao Concello de Soutomaior que perdeu unha subvención de 13.296 euros destinada á mellora do acceso da Pena, en Moreira. O ente provincial explica que case tres anos despois de concederlle a subvención, o Concello non presentou ningunha documentación “que xustifique a realización do gasto”, polo que inicia o procedemento para declarar “a perda do dereito ao cobro da subvención concedida”. O concelleiro do BNG, Diego Moreira, denunciou que “unha vez máis a incompetencia do goberno local fai que Soutomaior perda unha subvención”, e advirte que o alcalde Agustín Reguera “terá que explicar esta desidia e falta de respecto á veciñanza de Moreira e a Pena, que leva tanto tempo demandando esa obra e que sigue tendo que circular por unha estrada mal remendada”. O grupo nacionalista sinala que os barrios de Soutomaior “teñen eivas e necesidades que un goberno local serio debería atender e intentar solucionar”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará