Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Pazos de Borbén retirará a simboloxía franquista da antiga casa consistorial

pazos falanxe

O concello de Pazos recibirá 943 euros da Deputación de Pontevedra para retirar o símbolo da Falanxe dun lugar especialmente simbólico: o balcón da fachada principal da antiga Casa do Concello. Os traballos consistirán no abuxardado da pedra para deixala ao mesmo nivel que o resto da lousa.

A Deputación, a través do Servizo de Patrimonio e do departamento de Memoria Histórica, axudará a un total de seis concellos da provincia (Baiona, A Guarda, As Neves, Pazos de Borbén, Ponte Caldelas e Salceda de Caselas) a retirar simboloxía franquista de diferentes construción no seu espazo público.

Estas subvencións podían destinarse a obras de retirada de escudos, insignias e placas das rúas con nomes relacionados co franquismo; retirada de estatuas, mencións conmemorativas de exaltación persoal ou colectiva ou de calquera pegada de eloxio; ou a rehabilitacións e restauracións dos elementos dos bens inmobles de titularidade municipal directamente afectados coa retirada da simboloxía franquista.

Na meirande parte dos casos, as retiradas de simboloxía corresponden a elementos relacionados coa Falanxe (FET y de las Jons), o partido único do réxime franquista que deu paso posteriormente ao Movemento Nacional, e que foi parte da estrutura do réxime e da represión exercida sobre a poboación durante a ditadura. Tamén hai elemento das Xuntas de Acción Municipal (JAM), que foron grupos dependentes da Falanxe formados en barrios ou pequenas poboacións co obxecto de levar adiante accións sobre o terreo e promover e exaltar o ideario falanxista e franquista entre a veciñanza. No caso de Pazos o elemento a eliminar é o símbolo da falanxe que aínda se pode ver no balcón da fachada principal da antiga casa consistorial.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará