Hoxe é Mércores 1 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Digna Rivas: “AER non vai apoiar ningunha proposta do goberno de non renunciar eu á alcaldía, pero iso non vai pasar”

Digna Rivas, alcaldesa

Asegura a alcaldesa que non está disposta a ceder a chantaxes e que en ningún caso se formula a posibilidade de presentar a súa dimisión, tal e como lle esixen os que foran os seu socios de goberno, os concelleiros da Agrupación de Electores, para aprobar o orzamento. Un documento económico de relevancia pero cuxa aprobación non vai impedir a gobernabilidade en Redondela “seguiremos traballando moi duro malia todas as trabas que nos poñen”.

Pleno tras pleno as malas relacións entre PSOE e AER quedan patentes á hora de aprobar as diferentes cuestións que o goberno local somete a votación. Na última sesión plenaria do ano a debilidade do goberno quedou reflectida, por exemplo, á hora de aprobar o complemento salarial para os traballadores municipais xa que, malia contar co apoio dos edís nacionalistas, a suma de PSOE (7) e BNG (2) segue sen ser suficiente fronte aos nove concelleiros de PP e os tres de AER.

Con todo, a resposta de Digna Rivas é rotunda cando se lle pregunta pola petición de AER para que presente a súa dimisión e garantir así que poidan saír adiante os orzamentos “seguirei ao fronte da alcaldía traballando e solucionando todos os problemas que poida, teño o respaldo do meu partido e do meu grupo”.

Engade que “é unha teima de AER contra a miña persoa dende o conflito das algas e a súa saída do goberno. Non van apoiar nada de non renunciar eu á alcaldía, pero iso non vai pasar. Con esa postura o que fan é poñer todo máis difícil, tentando boicotear ao goberno, pero non o van a conseguir”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará