Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Veteranos do Celta e Casa Paco disputan un amigable no 40 aniversaio do club redondelán

CEltaVEteranos

O equipo de veteranos do Celta nun torneo disputado o pasado verán

A pandemia non permitiu ao Grupo Casa Paco 81 celebrar como se merece os seus 40 anos de historia (1981.2021). Con todo, no club redondelán non queren deixar pasar a oportunidade de despedir este ano cun evento futbolístico para poñer de relevo esta sinalada data. Será o domingo, día 26 de decembro, cun partido amigable entre o equipo veterano do Celta de Vigo e o de ex xogadores do Casa Paco. A cita será ás 11.00 horas no campo de fútbol municipal de Santa Mariña. O presidente da entidade, Manuel Conde, lamenta que a crise sanitaria da Covid impida celebrar outros eventos previstos, como o Torneo de Nadal, pero sinala que a situación sanitaria fai necesario ser “prudentes e evitar riscos”.

Recollida de alimentos

No Casa Paco continúan coa recollida solidaria de alimentos que serán doados a Cáritas Redondela. Todos os que o desexen poden deixar alimentos non perecedoiros tanto no pavillón de Reboreda como no Multiusos da Xuqueira.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará