Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Detida unha parella que distribuía droga en Chapela

poli

A Policía Nacional de Vigo detivo a unha parella por un delito de tráfico de drogas que desenvolvían na parroquia de Chapela. Aos detidos intervíuselle diverso material para elaboración e distribución da sustancia estupefaciente, dous vehículos e 3.500 euros en billetes fraccionados.

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela detiveron unha parella, de nacionalidade española, e con domicilio en Vigo, por un delito de tráfico de drogas.

A investigación comeza a principios do ano 2021, cando se ten coñecemento por parte do grupo UDEV-Drogas da Comisaría de Vigo-Redondela, a través de chamadas telefónicas e denuncias anónimas recibidas en diferentes plataformas, de que unha parella da zona de Chapela (Redondela), estaría a distribuír sustancia estupefaciente, principalmente cocaína, tanto a consumidores como a pequenos vendedores.

Tendo en conta as informacións obtidas iníciase unha investigación co fin de obter probas do presunto tráfico de estupefacientes desenvolvido polos investigados. Tras meses de investigación púidose determinar que os detidos levan tempo dedicándose á venda de sustancia estupefaciente e que ambos toman precaucións e estritas medidas de seguridade nos seus desprazamentos e no momento de efectuar cómpra-venda de droga.

Ante as evidencias procédese a efectuar un rexistro no seu domicilio dando por resultado a incautación de material de elaboración e preparación de sustancia estupefaciente (bascula de precisión, envoltorios, recortes de plástico), teléfonos móbiles, dous vehículos utilizados polos detidos para a distribución e venda da droga, 3500 euros fraccionados, e multitude de décimos de lotaría de Nadal.

Os detidos pasan a disposición do Xulgado de Instrución número uno de Redondela, a mañá do día 23 de decembro.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará