Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O centolo, o rodaballo e o cabrito, reis do Nadal na Praza cunhas vendas lastradas polo coronavirus

praza1

Cando parecía que as vendas comezaban a medrar, o novo repunte de casos de Covid19 volve prexudicar nun mercado de abastos onde os comerciantes lamentan que o incremento de prezos e o medo de celebrar grandes reunións familiares volvan frear o consumo. Con todo, hai produtos que seguen estando presentes na cesta da compra dos vindeiros días: pescada e rodaballo son os reis dos peixes, centolos e nécoras os máis demandados entre os mariscos e o cabrito segue a ser o preferido dos amantes da carne.

Unha mañá a de hoxe de premios e agasallos no mercado de abastos con instalación dunha ruleta da sorte, iniciativa da Asociación de Empresarios e o Concello para premiar aos clientes que se achegan a mercar os produtos máis frescos. Peixes, mariscos, bacallau, carnes e un sen fin de froitas de verduras son ingredientes imprescindibles para calquera elaboración culinaria e as prazas son o principal referente de calidade e frescura e este Nadal, malia o cal os vendedores lamentan que non haxa tanto movemento como noutros anos.

Nun dos postos de venta de peixe, Marga explica que serían varios os motivos que están a lastar a situación actual “confinamentos, xente que decide cancelar as reunións familiares e de amigos por medo e a cuestión económica, que non está no seu mellor momento”.

Pescada e rodaballo son os reis da mesa para os comensais amantes do peixe. No marisco, como vimos de comentar a nécora e o centolo están a ser os preferidos polos clientes, tamén porque son os que manteñen os prezos máis económicos. Uns prezos dos que nos falaba outro vendedor de marisco, Daniel

Dende o seu posto explica que as vendas animáranse na primeira quincena de decembro pero que volveron caer nos últimos días co repunte dos casos de coranavirus. Confía en todo caso que os compradores de última hora muden esta situación

Mel, vendedora de peixe e marisco tamén se queixa das vendas baixas e asegura que “non se nota que estamos no Nadal”, de feito se compara co ano pasado explica que “notaba na xente máis gañas de celebrar o nadal do 2020 superados os confinamentos forzosos”. O incremento nos prezos tamén sería outro dos motivos para esa diminución nas vendas

Pola contra Montse amósase máis optimista. Asegura que non notaron a caída da clientela e que son moitos os encargos de última hora.

E como non, hai quen prefire decantarse pola carne a hora de facer o seu menú de Nadal. Produtos con menos variación nos prezos e que adoitan manterse máis estables ao longo do ano. Na carnicería de Julio non se queixan das venda e de feito comentan que nestes días van ter que multiplicar esforzos para poder atender a longa petición de encargos que teñen de cara ao Nadal “sobre todo cordeiro”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará