Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A senda verde por Chapela xa é unha realidade

senda2

Peóns e ciclistas poden xa facer uso deste paseo de 1,6 kilómetros de lonxitude que permitiu recuperar a antiga vía ferroviaria e darlle uso a un espazo que se atopaba completamente abandonado. As obras comezaron no pasado mes de maio e contaron cun orzamento de 778.000 euros financiados nun 80% con fondos EDUSI (Estratexias de desenvolvemento urbano Sostible) e un 20% correu a cargo do orzamento municipal. A inauguración da futura senda verde de Vigo prevista para marzo permitirá contar cun paseo de 4 quilómetros.

A senda verde de Chapela será inaugurada en breve tras rematar os traballos de acondicionamento. Unha actuación que consistiu en transformar a antiga vía ferroviaria nun paseo acondicionado para peóns e ciclistas en base a un “proxecto de envergadura e moderno que deixa o resultado esperado, permitindo aos veciños contar cun paseo cunha vistas espectaculares que percorre o centro da parroquia” explicaba a edil de Urbanismo, María Castro, horas despois de que o concello procedese a recepcionar a obra.

En total unha senda peonil de 1’6 quilómetros de lonxitude que cruza o centro de Chapela ata o límite co barrio vigués de Teis. O paseo ten unha anchura media de entre 4 e 5 metros en función de cada tramo e nalgúns puntos instaláronse bancos, miradores e zonas axardinadas, “recuperamos así este espazo para a veciñanza e confiamos en que as obras poidan ser inauguradas nos vindeiros meses en condicións, cando a situación o permita”.

Un dos puntos neurálxicos é a praza que rodea ao antigo apeadeiro, un espazo central que se completará no futuro con novas instalacións como un skate park.

Unha obras que para o Concello supoñen un cambio radical na mobilidade dende Chapela, xa que permitirá aos veciños e veciñas ir camiñando ata Vigo por un paseo agradable e cunha vistas inmellorables.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará