Hoxe é Xoves 5 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello recupera o Peto de Ánimas de Santo André e o cruceiro de Juan de Joubea en Cedeira

cedeira

Os traballos, cun investimento de 28.985,88 € procedentes dunha subvención da Deputación de Pontevedra, dan continuidade á recuperación patrimonial da contorna da Fonte da Raíña, xa rehabilitada no 2020

Os tres elementos están situados preto do Camiño Portugués pola Costa, ruta xacobea que nos últimos anos experimentou un espectacular crecemento, polo que a súa posta en valor “supón un magnífico escaparate do potencial que Redondela posúe en patrimonio e cultura” afirmou a alcaldesa Digna Rivas.

No peto de ánimas e no cruceiro de Juan de Joubea observáronse unha serie de patoloxías que afectan ao material principal de construción (pedra natural de tipo silvestre) e aos elementos metálicos que a compoñen. Ambos elementos teñen patoloxías similares como a presenza de liques e outros organismos vexetais que deterioran o conxunto.

As actuacións previstas inclúen, en primeiro lugar, a limpeza de todos os elementos de pedra segundo as instrucións da peritaxe previa. Posteriormente se encintarán as xuntas entre pezas con morteiros de restauración hidráulicos, naturais e con base de cal, de ton mimético ao da pedra natural da zona de orixe, mediante adición de pigmentos naturais inorgánicos. Os encintados existentes de morteiro de cemento retiraranse para substituílos por dito morteiro tradicional de cal.

Doutra banda, procederase á restauración das pezas de pedra que se atopan rotas ou con fragmentos desprendidos de ser o caso.

Unha vez limpa e restaurada a pedra, aplicarase un tratamento superficial co fin de minimizar a colonización de microorganismos durante uns anos. Tanto este coma outros tratamentos posibles avaliaranse co informe do perito experto en pedra natural. Todos os traballos realizaranse por persoal especializado baixo supervisión de restaurador titulado.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará