Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Sanidade comunica 378 casos en Redondela

redondela

Cando parecía que os contaxios comezaban a ralentizarse, os últimos datos da Consellería de Sanidade volven acender todas as alarmas. Logo da fin de semana son xa 378 as persoas contaxiadas por Covid-19 no noso concello, con catorce casos máis respecto do día anterior e unha incidencia acumulada a 15 días que se dispara a 1300 casos por cada 100.000 habitantes.

Ceas que se suspenden, encontros que se aprazan e xente confinada… esa é a situación que están a vivir moitos veciños e veciñas a tan só uns días das celebracións do Nadal. A relaxación das medidas sanitarias e a chegada de novas variantes máis contaxiosas poderían estar na base deste incremento de positivos que segue avanzando dende que arrancara o mes, cando as persoas contaxiadas non chegaban ao centenar ata chegar ao día de hoxe con 378.

Neste escenario xa se apunta dende a Xunta o pertinente de implantar a obrigatoriedade da máscara novemente en exteriores así como en acelerar a vacinacións, principalmente en nenos e nenas en idade escolar. Neste sentido, o Sergas abriu hoxe a posibilidade de que os menores de 9 a 11 anos soliciten unha autocita para vacinarse este mércores ou xoves.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará