Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela mercará xoguetes para as nenas e nenos das familias usuarias dos Servizos Sociais

mercaen igualdade

O concello financia a campaña “Redondela xoga en Igualdade” que se celebra por segundo ano consecutivo e que busca que todos os nenos conten con xoguetes polo Nadal. A alcaldesa Digna Rivas agradeceu a colaboración das xogueterías Mandamamá, Don Dino e Celestadas nesta segunda edición que o Concello costeará con fondos propios

“O Nadal ten que ser para todos os nenos e nenas, senón non sería Nadal”, afirmou a alcaldesa xunto a concelleira de Servizos Sociais, Iria Vilaboa na presentación da campaña ‘Redondela xoga en igualdade’. Unha iniciativa posta en marcha o pasado ano e que será costeada nesta segunda edición por fondos propios do Concello consistente na adquisición de xoguetes que serán distribuidos entre as familias usuarias de Servizos Sociais. “Non se trata dunha campaña de recollida de xoguetes, senón de mercar xoguetes novos para logo ser distribuídos, estamos a falar de solidariedade e non de caridade”, afirmou Rivas.

Os xoguetes que se mercarán serán, ao igual que na primeira edición da campaña, igualitarios e non sexistas porque, a través do xogo pódense inculcar valores como a igualdade, imprescindibles no camiño cara a unha sociedade máis xusta.

‘Redondela xoga en igualdade’ busca un triplo obxectivo. Por unha banda que as nenas e nenos das familias máis desfavorecidas poidan gozar das datas do Nadal e toda a carga de ilusión que iso supón. Cúmprese, ademais, o principio de transversalidade que, en materia de igualdade, busca o Goberno local en todas e cada unha das súas actuación como ferramenta de concienciación social e, finalmente, busca contribuír á dinamización dun comercio local duramente golpeado pola crise da Covid.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará