Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A incidencia segue disparada en Redondela con 347 casos

redondela rúa

O último reconto feito público pola Consellería de Sanidade fala de 347 casos activos, Unha cifra que non para de medrar dende hai semanas e que se a principios de mes nos situaba preto dos cen casos roza agora os 350 positivos. Unha  tendencia que se observa tamén en toda Galicia, onde seguen en aumento o número de casos con máis de 14.000 positivos sendo a área sanitaria de Vigo a que rexistra máis contaxiados.

Ante esta situación a Xunta de Galicia publicou xa as novas normas con que, de momento, pretende superar o Nadal. Endurécense os eventos coa prohibición de cócteles e esténdese o certificado covid-19 para máis actividades. Así, como normativa xeral, en Galicia será preciso o certificado (para a poboación maior de 12 anos) para acudir a restaurantes, a bares a partir das 21:00 horas, aos albergues de peregrinos, a discotecas e a visitar algún paciente ingresado. Dende este sábado tamén será preciso para entrar en ximnasios e en piscinas, para visitas en residencia e tamén para eventos multitudinarios. No caso de eventos en espazos pechados será necesario o pasaporte cando se reúnan máis de 200 persoas, ao aire libre cando o aforo supere as 500 persoas. Tamén afecta as competicións deportivas con público, cines, teatros, auditorios ou espectáculos musicais e artísticos.

En canto a hostalaría mantense a limitación de oito comensais por mesas en interior e 15 en terraza. Todas as medidas estarán vixentes até o 18 de xaneiro.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará