Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco despide o ano cunha derrota en Noia

ChocoBanquillo

Juan Amoedo dá instrucións aos seus xogadores nun encontro anterior

O equipo redondelán perdeu por goleada ante un rival directo. No fútbol sala tamén despide o ano con derrota o Campito na pista do Troula. Na Preferente Redondela e Pazos impuxéronse a Verín e Valladares, respectivamente, mentres o Arealona perdía na pista do UD Coles.

Terceira División

Noia 3-0 Choco

Os redondeláns regresaron coas mans valeiras de Noia, onde sufriron unha dura derrota. Os locais, que chegaban á cita nunha situación delicada, conseguiron adiantar ao CD Choco na clasificación ao sumar os tres puntos. O encontro comezou con igualdade entre os dous equipos, sen que ningún deles se animase á arriscar. Aos poucos o Noia foi facéndose co dominio do xogo, e antes do descanso anotaron dou goles: José Ángel abriu o marcador no minuto 35 e Pablo Carro poñía o 2-0 só dous minutos despois. Xa na segunda parte o Choco reaccionou, pero sen éxito. Os de Redondela tiveron máis ocasións, pero o Noia coas filas pechadas impediu que recortasen distancias. E a cuarto de hora Jesús sorprendeu co 3-0, deixando o partido sentenciado. Os de Juan Amoedo non foron quen de recortar distancias, e rematan o ano nunha situación complicada na táboa, son 14º con 15 puntos. Deberán aproveitar o descanso de Nadal para comezar con forza a segunda volta, que inauguran cun partido transcendental ante o Viveiro, co que están empatados a puntos

Fútbol Sala

Terceira

Troula Betanzos 5-4 Campito

Axustada derrota do Campito na pista do Troula Betanzos, que o deixan nunha situación complicada na táboa para rematar o ano. Son 14º, e agora gozarán duns días de descanso antes de preparar o encontro co que regresan á competición o 9 de xaneiro, cando reciben ao Sport Sala, cos de Cambre moi fortes no 6º posto da táboa.

Preferente

Redondela 5-2 Verín

O conxunto redondelán segue como firme candidato ao ascenso, e non se descolga dos postos altos da táboa logo dunha sólida vitoria ante o Verín. Chegan ás vacacións de Nadal como 3º do grupo.

UD Coles 5-4 Arealonga

Dura derrota para o Arealonga, cun axustado marcador na pista do Coles. Despiden o ano como 12º do grupo e sen marxe de erro para manter a categoría. E á volta do descanso disputarán o primeiro derbi local da categoría ante o Redondela Maramar. Será o 9 de xaneiro en Chapela.

Valladares 2-5 Pazos

Os de Pazos despiden o ano como líderes invictos logo de impoñerse con solvencia ao Valladares. Descanso ben merecido para os xogadores de Fran Amoedo que retoman a competición o 8 de xaneiro en Pazos ante o Marín Futsal, 6º do grupo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará