Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O xadrez gaña peso en Chapela

xadrez

Máis de 40 participantes participarán no primeiro torneo de xadrez organizado pola Asociación Cultural de Chapela en colaboración co Concello e que terá lugar o vindeiro sábado 18 a partir das 16:00 Horas, no multiusos do Piñeiral. O prazo de inscrición remata o día 17 e a mesma debe realizarse vía telefónica nos números 986451280 e 696172218, polo que non se descarta que o número de participantes sexa maior.

A participación será libre con inscrición gratuíta, con dúas categorías: absoluta e categoría  sub12. Os tres primeiros posto en categoría absoluta obsequiáseselles con un trofeo conmemorativo, do mesmo xeito que os 3 primeiros da categoría sub12; tamén nesta categoría obsequiáseselles cunha medallas de participación.

A Asociación Cultural de Chapela ten como obxectivo fomentar o deporte do xadrez para o que xa dispón desde o mes de Setembro dunha aula de libre acceso. Todos os xoves de 17:00 a 18:00 horas as persoas interesadas poden achegarse para resolver dúbidas e contar co asesoramento dun profesor. Outro dos obxectivo desta aula é dar aos afeccionados ao xadrez un espazo onde poidan realizar partidas con xogadores afeccionados ou profesionais de distintos niveis, así como compartir coñecementos dun deporte cada día con maior auxe de participación. A entrada a esta actividade é libre e gratuíta.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará