Hoxe é Venres 3 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Profesionais da esgrima histórica danse cita en Redondela

esgrima

O pavillón de Cabeiro acolle este sábado o IV Torneo de esgrima histórica coa participación de máis de 50 deportistas procedentes de toda España e Portugal. Organizado pola Sala Viguesa de Esgrima Antiga en colaboración coa Concellería de Deportes de Redondela, desenvolverase en horario de 11:00 a 20:30 horas con entrada de balde.

A esgrima histórica é unha actividade deportiva cultural que se realiza co manexo real das armas históricas en Occidente que en séculos pasados se empregaba nas guerras ou nos duelos. No torneo do sábado poderanse ver exhibicións nas diferente disciplinas de Espada e Broquel, Roupeira e Espada Longa.

Un arte marcial que a día de hoxe se practica mediante armas negras (romas e sen filo) e coas proteccións axeitadas. Ademais, o feito de que os deportistas vaian con luvas e manteñan en todo momento a distancia entre eles, fixo que incluso durante a pandemia se incrementase o número de afeccionados a este deporte.

Unha modalidade que, segundo explica o presidente da Sala Viguesa, o redondelán Damián Troncoso “non entende de idade nin de xénero, está aberto a calquera tipo de persoa porque require máis de maña que de forza, é unha disciplina na que o fundamental é a destreza e a axilidade”, algo que poderemos ver nos combates mixtos que se disputarán o vindeiro sábado en Cabeiro.

Uns combates de espada medieval e escudo broquel, de espada roupeira (dos séculos XVI e XVII) e a espada longa da dúas mans que enforntarán ao medio cento de deportitas que se dan cita esta fin de semana en Redondela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará