Hoxe é Luns 6 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela contará cunha feira de Nadal do 17 ao 19 de decembro

feira nadal

O prazo de inscrición para poder participar nesta feira de Artesanía, que se ubicará na rúa Ribeira os días 17, 18 e 19, estará aberto ata o 9 de decembro e as solicitudes presentaranse no Rexistro do Concello (persoas físicas) ou a través da administración electrónica (persoas xurídicas)

As persoas interesadas presentarán e o prazo de presentación de solicitudes remata o día 9 de decembro. As bases poden ser consultadas na páxina web do Concello de Redondela onde se detalla a documentación precisa e demais datos de interese para as artesás e artesáns que queiran participar.

“Tentamos, cada ano, potenciar esta cita coa artesanía”, afirma a alcaldesa Digna Rivas, quen lembra que esta cita “cumpre un dobre obxectivo”. Por unha banda, explica “ofrece as nosas artesás e artesáns un escaparate idóneo para amosar o seu bo facer e o porqué a marca Artesanía de Galicia ten cada día máis aceptación”, por outra, continúa a rexedora local “contribúe á animación das rúas co que iso leva de dinamización do comercio local e o sector da hostalaría, sobre todo nestas datas de Nadal”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará