Hoxe é Venres 3 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello asesora aos veciños para presentar alegacións ao proxecto de pantallas acústicas da AP-9

pantallas-acusticas

As persoas interesadas en utilizar este servizo de asistencia técnica deberán pasar polo multiúsos do Piñeiral do Crego de Chapela, este vindeiro venres de 17 h a 19 horas. O obxectivo é facilitar aos veciños que así o desexen a información necesaria para que poidan presentar alegación ao proxecto de Fomento no que se contempla a instalación de pantallas acústicas na AP-9 ao seu paso polo concello.

O equipo de asistencia técnica facilitará aos particpulares o acceso a toda a infrmoación que ven recollida nun documento de preto de mil páxinas.

O Concello xa adiantou que presentará alegacións –explicadas na reunión que mantivo coa veciñanza o pasado sábado– nas que se incluirán tamén as alegacións das veciñas e veciños que así o desexen. Porén, as persoas que queiran presentar alegacións de xeito particular, poden facelo de aí que o Goberno local poña a súa disposición este servizo de asistencia técnica para a súa elaboración.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará