Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Recollida de sinaturas e reunións con Deputación e Concello para negociar a mellora da estrada Os Valos-Amoedo

EP-2702

A Plataforma para a Mellora da EP2702 recolleu máis de 1.000 sinaturas reclamando melloras nesta vía, un resultado que entenden moi positivo “acadar máis de 1.000 sinaturas de apoio nun concello de apenas 3.000 habitantes é para a Plataforma todo un éxito”. Algo que non lles colle de sorpresa ante a indignación e o malestar da xente co pésimo estado da estrada e a falta de solucións.Polo momento, a Plataforma xa foi convocada pola Deputación de Pontevedra a manter unha primeira xuntanza. Os representantes veciñais que acudiron á cita valoran positivamente que a reunión se desenvolvera nun ambiente en positivo e centrado na busca dunha solución satisfactoria.

Despois deste encontro e co aval das máis de 1000 sinaturas, a Plataforma solicitou unha reunión coa outra administración implicada, o Concello de Pazos de Borbén, quen convocou unha xuntanza   para a vindeira semana. Dende o  movemento veciñal agardan atopar tamén na administración local “un espírito construtivo e ganas de resolver esta situación”.

A Plataforma vaise volver reunir este domingo 21 de novembro ás 17 h, na Casa Cultural de Nespereira, para informar á veciñanza e decidir accións futuras, entre as que non descartan mobilizacións se non hai avances significativos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará