Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Falece Alejandro Bastos, ex concelleiro de Redondela

alejandro bastos

A Escola de Musica de Chapela, a través dun comunicado, lamenta o falecemento do que fora o seu presidente Fundador no ano 1991, Alejandro Bastos Fernández, aos 67 anos de idade.

A súa figura, vinculada coa parroquia de Chapela, formou parte da Corporación municipal ao longo de varios anos, primeiro como concelleiro do PSOE, sendo responsable de Interior en diferentes gobernos de Xaime Rei, e posteriormente como fundador e concelleiro de Redondeláns Adiante (formación que acabaría integrándose no 2005 no Partido Galeguista) para finalmente desaparecer tras non lograr ningún representante nos comicios de 2011.

Basto Fernandez falecía na xornada do venres, noticia que lamentaban dende a Asociación cultural e social de Chapela quen quixeron renderlle homenaxe a través dunha nota na que lembraban a súa figura “principal precursora da Banda de Música da parroquia e da propia Escola” e de quen quixeron destacar que “se vai deixando un legado que segue vivo, deixando as mellores notas que soan en Chapela porque a música foi a súa gran paixón aínda descoñecéndoa, parte de ti estará con nós cando soe a Banda de Música, o grupo de gaitas Os Xuveniles” ou as pandereteiras “Semente Nova”.

O funeral será este luns ás 17:00 horas na parroquia de Cabeiro.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Unha resposta

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará