Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior perde 350.000 € dos fondos ReacPon por presentar un proxecto deficiente que incumpre as bases

souto reacpon

Estes fondos repartiron máis de 26 millóns de euros entre 47 concellos de toda a provincia e de todas as cores políticas. Soutomaior vaise ao posto 51 entre 55 concellos polo que queda entre os únicos 8 concellos da provincia que perden a axuda ao non acadar a nota mínima

O BNG denunciou o que cualifican de nova “chapuza” presentada polo PP e que “fixo que a veciñanza de Soutomaior perdese 350.000 € do Plan ReacPon. Dos 55 concellos presentados, 47 deles, de todas as cores políticas, cumpriron os requisitos e superaron a nota de corte, polo que recibirán importantes cantidades de diñeiro para os seus proxectos. Pero no caso de Soutomaior, a pesar de que as bases eran públicas e coñecidas, o proxecto do goberno local de Agustín Reguera non acadou a nota mínima e quedou entre os últimos da provincia.

Sinalan dende o BNG que só 8 concellos dos presentados perderon estes cartos, entre eles Soutomaior. Pero por se isto non fose dabondo, sinalan que “é a segunda vez que perdemos unha subvención para unha obra neste mesmo trazado do camiño de Santiago. A primeira vez foi a Xunta quen lle tirou das orellas ao goberno local e negou unha subvención e agora é un concurso público da Deputación quen lle saca as cores ao goberno local de Soutomaior por presentar un proxecto chapuceiro.

Manu Lourenzo sinalou que “cando todo o mundo compite por modernizar e dinamizar os seus concellos, aquí estamos anquilosados no século pasado. Son incapaces de presentar un proxecto serio e moderno que poida competir e por iso quedamos sempre de últimos en todo, na sanidade, na educación, no urbanismo… Temos un goberno que só é eficiente para adxudicar obras a empresas de Lugo de familiares do PP; cando se trata de traballar e facer proxectos serios que poidan competir con outros concellos, facemos estes ridículos”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará