Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

“Matemaxia” para celebrar o Mes da Ciencia en Galego

matemaxia

A actividade, organizada dende o Servizo de Normalización Lingüística, consiste nunha forma lúdica de aprender e comprender as matemáticas tomando o galego como lingua. O Mago Paco é o encargado de amosar ao alumnado redondelán, por medio da maxia e da divulgación lúdica, os segredos que se agochan tras os números.

A iniciativa, dirixida aos escolares de 5º e 6º de primaria, levarase a todos os colexios de Redondela a través de 14 sesións que se encargarán de levar a ‘maxia das matemáticas’ ás e aos escolares.

O Concello de Redondela súmase así ao Mes da Ciencia en Galego que, dende hai anos, se celebra en Galicia coincidindo coa celebración do Día Internacional da Ciencia o 10 de novembro, unha iniciativa coa que a comunidade científica busca concienciar sobre o uso da ciencia para a paz e o desenvolvemento.

Dende hai 11 anos por iniciativa do profesorado, comezou a celebrarse o Mes da Ciencia en Galego para amosar a plena normalidade do uso na nosa lingua no ámbito científico e técnico. A partir de entón téñense organizado numerosos actos nos centros escolares de Galicia.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará