Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela centra o 25N na loita contra as mensaxes machistas nas redes

25Nmendiño

Digna Rivas presentou no IES Mendiño a programación acompañada coa concelleira Iria Vilaboa, a profesora Almudena Suárez e o director José Antonio Martínez

O IES Mendiño acolleu esta mañán a presentación dos actos do Concello de Redondela co gallo da celebración o 25 de novembro do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.

A alcaldesa Digna Rivas explicou que a elección deste lugar vén motivada porque parte dos actividades foron ideadas desde o instituto “pensando no xeito de chegar aos máis novos”, explica a rexedora. A programación, que se estenderá desde o 23 de novembro ata o 2 de decembro,”tocará todos os paus”. Unha das actividades máis rechamantes será a exposición itinerante “Non deixes que te enREDen”, realizada en colaboración cos IES Mendiño e San Simón. Nesta mostra o alumnado recolle mensaxes machistas publicadas en diferentes redes sociais “onde se normaliza o control e acoso ás mozas por parte dos varóns”, sinala Rivas.

Digna Rivas, alcaldesa de Redondela

A mestra Almudena Suárez lamenta que nos últimos anos aprecia entre o alumnado de ESO e Bacharelato “un retroceso importante nos dereitos e liberdades das mulleres”. Denuncia que as rapazas normalizan que as súas parellas limiten a súa propia liberdade “e ven os celos como algo positivo”.

Almudena Suárez, profesora do IES Mendiño

Os “pantallazos” destas mensaxes impresos en cubos de gran formato poderán verse ata o 15 de decembro nunha mostra que percorrerá as Alamedas de Redondela e Chapela, os institutos e tamén os centros culturais das parroquias. Suárez explica que traduciron tamén as mensaxes ao ruso, árabe, inglés, francés, portugués e italiano “para que os peregrinos e peregrinas estranxeiros que pasan por Redondela poidan comprender tamén a campaña”.

Por outra bando os Centros de Día do municipio colaboran tamén na programación do 25N coa exposición “Violencia machista no refraneiro galego”, onde se recollen ditos populares “que hai que desterrar”.

A programación complétase con varias charlas nos institutos baixo a lema DesenRÉDate da violencia sexual, e as dirixidas ao público en xeral no Multiusos da Xunqueira. O día 23 de novembro co lema “Ti es capaz”, dentro da campaña de sensibilización e prevención da violencia de xénero destinada a mulleres con diversidade funcional, e o 24 de novembro versará sobre agresións e violencia sexual. En ambos casos ás 18.00 horas.

A lectura do manifesto será o 25 de novembro ás 12.00 na praza da Casa da Torre, a cargo do alumnado do IES Mendiño. O acto pecharase coa performance “Iceberg” de Yara Juncal. Xa pola tarde, o público cativo será o protagonista co contacontos “Peúgo, o calcetín melenudo” na Biblioteca Valle-Inclán ás 18.30. A actividade repetirase na Biblioteca de Chapela o 2 de decembro.

Gala do Premio Sesé Mateo

O 26 de novembro celebrarase a gala do I Premio Sesé Mateo de Xornalismo Ético no tratamento da violencia machista, un certame que “nace con vocación de continuidade” e co que o Concello de Redondela pretende recoñecer publicamente “a ética á hora de tratar informacións tan delicadas como as relacionadas coa violencia machista, fuxindo de sensacionalismos”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará