Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Carla Acosta representa a Redondela no Parlamento

carla acosta

A alumna do IES Illa de San Simón de Redondela foi a encargada de representar ao grupo da mocidade redondelá ‘Axentes do Cambio’ no Pleno que na mañá de onte se celebrou no Parlamento de Galicia e no que mozos e mozas trasladáronlle á Xunta diversas propostas e iniciativas sobre aqueles temas de interese para a mocidade.

Con anterioridade, Carla xunto a Teresa e Xiana, participaran no pasado mes de outubro e en representación da mocidade e infancia redondelá no encontro telemático onde, xunto a nenas, nenos e adolescentes de toda a Galiza, traballaron nas propostas que hoxe lle trasladaron á Xunta de Galicia. Nese encontro previo debateuse e reflexionouse sobre a temática medioambiental e, sobre a mesma, xurdiron as propostas hoxe presentadas.

As representantes redondelás estiveron acompañadas pola concelleira de Ensino, Olga García Ballesteros, que expresou a súa satisfacción “polo alto grao de compromiso das mozas e mozos de Redondela, representados hoxe por Carla, Teresa e Xiana”.

O traballo da mocidade e infancia redondelá seguirá nesta mesma semana xa que o día 18 de novembro, a partir das 11 horas, terá lugar no multiúsos da Xunqueira o Pleno da Infancia e a Adolescencia de Redondela na que mozos e mozas porán sobre a mesa aqueles temas que consideran de importancia para o colectivo da infancia e a mocidade para, posteriormente, ser trasladados ao Concello de Redondela.

Digna Rivas lembrou que a intención do Goberno local, dende a súa chegada ao Concello “foi que os Plenos da Infancia e a Adolescencia foran útiles e non un simple xesto carente de contido”. As mozas e mozos “achegan tema, debaten, chegan a acordos e eses temas son posteriormente levados ao Concello para, chegado o momento, levalos á práctica contribuíndo a dar resposta ás necesidades que ten a nosa mocidade”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará