Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Xornada sobre o presente e futuro da enseada de San Simón a cargo da Universidade de Vigo

proxecto

A xornada desenvolverase mañá mércores ás 17:30 horas no Multiúsos da Xunqueira e consistirá na presentación dos resultados de análise da situación da enseada realizada no marco do proxecto Zosteco, entre os que se atopan as accións consensuadas para garantir a convivencia entre as pradarías mariñas e as actividades humanas que nelas se desenvolven.

Este proxecto ten como obxectivo avaliar, cartografar e explorar os potenciais conflitos e sinerxías que se establecen entre as pradarías mariñas e as actividades humanas, coa finalidade de aportar coñecemento cara á mitigación dos impactos que se derivan destas e camiñar cara a unha mais axeitada xestión do espazo natural da Enseada de San Simón. O proxecto ten sintetizado os traballos publicados sobre a zona e explorado o coñecemento acumulado por las persoas que desenvolven a súa actividade neste espazo natural.

Na xornada de mañá, organizada en colaboración co Concello, presentaranse os resultados mais salientables acadados no proxecto, a percepción social sobre o estado da enseada, sobre os impactos mais relevantes aos que está sometida e sobre o valor da mesma, e consensuarase unha proposta de accións de mellora para a xestión da Enseada que será remitida aos responsables implicados na toma de decisións de cada unha das medidas propostas. Finalmente, debaterase sobre as novas liñas de traballo que deberán abordarse no futuro.

O proxecto Zosteco, liderado pola Universidade de Vigo e no que participa o Instituto de Hidráulica Ambiental de Cantabria, desenvóvese co apoio da Fundación Biodiversidad, do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico a través do Programa PLEAMAR, cofinanciado polo Fondo Europeo Marítimo y de Pesca (FEMP)

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará