Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Verónica Posada: “Cando a SAR se enfronta a un rival difícil sempre sae con máis gañas”

SARvero

Logo de toda unha vida vinculada ao club redondelán, Verónica Posada deu esta temporada o salto como adestradora do primeiro equipo feminino. Coñece ben o conxunto de Honra Prata, xa que nos últimos anos Posada xa formaba parte do corpo técnico que ata agora dirixía Elisardo Covelo “Chini”. A esixencia desta categoría obrigouna a deixar outras responsabilidades que tiña na SAR, como a coordinación das categorías inferiores que levaba nas últimas campañas.

Verónica Posada, adestradora da SAR Rodavigo

Logo e 9 xornadas o equipo suma 6 puntos con dúas vitorias e dous empates, o último a pasada xornada ante o Siero en Redondela. A técnica lamenta que esta temporada teñen un cadro de xogadores “moi curtiño”, polo que contan con ata 5 xuvenís para poder traballar nos adestramentos “e iso impídenos traballar nas mellores condicións durante a semana”. Trátase dunha categoría moi esixente, con longos desprazamentos e moita competitividade, pero as xogadoras non son profesionais “e teñen as súas obrigas de estudos ou laborais”. Polo de agora o equipo está a cumprir co obxectivo da permanencia, e a adestradora está satisfeita co rendemento e o compromiso das xogadoras.

Cun cadro de xogadoras moi curto, o equipo aspira a acadar o obxectivo da permanencia sen problemas

Esta semana preparan o encontro que as medirá o sábado ao Puerto del Carmen, en Lanzarote. Será un desprazamento complicado, xa que viaxan en avión desde Santiago o mesmo día. Vero advirte que será un rival duro, xa que se trata dun equipo que acaba de descender. Con todo, confía en facer un bo papel en Canarias, xa que cando teñen un partido difícil “o equipo sae con máis gañas e máis centrado”

Esta fin de semana viaxan a Canarias para medirse ao Puerto del Carmen

A cita é o sábado 20 ás 20.00 horas no pavillón municipal de Tías.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará