Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela prepárase para a Gran Recollida do Banco de Alimentos

voluntarios Banco de alimentos

A campaña solidaria desenvolverase do 19 ao 25 de novembro en supermercados de toda España. Unha iniciativa á que se suman as tendas de Redondela que contará coa participación de 30 voluntarios encargados de informar aos clientes sobre esta nova edición da Gran Recollida que será virtual: achegas económicas ao pasar por caixa, adquisición de cestas solidarias ou transferencias a través de www.bancoalimentosvigo.org ou Bizum co código 01139.

Iván Martínez, presidente Banco de Alimentos de Vigo

O contexto de pandemia obriga a repetir o formato do ano pasado. Na vez de recoller bolsas físicas cheas de alimentos non perecedoiros e outros produtos básicos, o que se solicita dos veciños e veciñas é que fagan doazóns económicas ao pasar por caixa. Unha achegas que non teñen unha cantidade fixa “dependerá das posibilidades de cada un”. Uns cartos que pasarán a formar parte dos fondos dos Bancos de Alimentos que irán ao longo do vindeiro ano mercando os produtos que precisen para atender ás 20.000 persoas coas que se traballa.

Confían en que a resposta da cidadanía sexa tan xenerosa como o ano pasado, canto a cantidade económica recadada permitiu mercar 550.000 kilos de alimentos. Explica o presidente do Banco Iván Martínez que “a xente o ano pasado respondeu moi ben, o resultado foi impresionante e a xenerosidade tanto a nivel particular como de empresas foi enorme”.

Unha resposta da cidadanía que permitiu traballar e atender a todas as persoas que o precisaron “sen pasar grandes apuros”.

Unha cita solidaria que conta este ano co apadriñamento do actor vigués Pedro Alonso, recoñecido mundialmente pola súa interpretación de Berlín na serie La Casa de papel. Segue así os pasos doutras figuras públicas que en anos anteriores cederon a súa imaxe a esta iniciativa como Gonzo, Luis Tosar, María Rey ou Carlota Corredera entre outras.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará