Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os colexios Outeiro das Penas e Alexandre Bóveda participan na Rede Galega de Educación Dixital

rede galega

A Xunta de Galicia vén de constituír a Rede Galega de Educación Dixital, un equipo integrado por 78 centros educativos e outros tantos docentes para impulsar a transformación dixital do sistema educativo. O obxectivo é prestar apoio e mentorización ao conxunto de colexios e institutos para que teñan plenamente operativo o seu Plan Dixital de Centro, a primeira acción da Estratexia Educación Dixital 2030, cun investimento de 120M€

Haberá 78 docentes especialistas con dedicación completa e exclusiva a este fin, que actuarán integrados en equipos en 14 ámbitos xeográficos: cinco na provincia da Coruña, dous en Lugo, dous en Ourense e outros cinco en Pontevedra, entre os que se atopan o Outeiro das Penas de Cesantes e o Alexandre Bóveda de Chapela.

O titular de Educación do Goberno galego, Román Rodríguez destacou a importancia do labor desta rede na implementación do Plan Dixital de Centro na medida en que este será “o manual propio e intransferible que deberá seguir cada centro para avanzar na súa transformación dixital”. Salientou que os obxectivos educativos para os próximos anos están dirixidos a “sacarlle o máximo rendemento” ao uso das tecnoloxías dixitais nas aulas e “conseguir que as escolas sexan organizacións educativas dixitalmente competentes”.

No que atinxe ao Plan Dixital de Centro, no presente curso os centros deberán comezar coas primeiras fases de elaboración, cunha análise da situación real e de diagnose de debilidades, ameazas e fortalezas para a súa aprobación definitiva polos respectivos consellos escolares de cada centro a finais de curso. A previsión é que o documento estea totalmente pechado para a súa aplicación efectiva no vindeiro curso 2022-23.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará