Hoxe é Luns 29 de Novembro de 2021
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Alberto Álvarez: “Compostar os residuos domésticos reduciría nun 40% o lixo que acaba nos contedores”

alberto alvarez

A Concellería de Medio Ambiente inaugura hoxe os novos centros de compostaxe comunitaria ubicados ao carón do Multiúsos da Xunqueira no centro da vila e na Avenida de Vigo en Chapela (fronte ao Bar nando). Unhas novas instalacións que se suman ao composteiro que dende hai anos funciona na zona do Salgueiral “con moi bo resultado”. O edil anima a veciños e veciñas a sumarse a esta práctica respectuosa co medio ambiente e que supón un importante aforro para as arcas municipais “que cada ano destina cerca de dous millóns de euros para trasladar o lixo que vai ao contenedor verde a Sogama”.

Alberto Alvarez confía en que a veciñanza se sume a esta iniciativa e que cada vez sexan máis os que separen o lixo orgánico que xeran nos seus fogares (restos de comida e vexetais) e participen levando eses desperdicios aos composteiros comunitarios. Un lixo que se converterá nun abono orgánico de moi boa calidade e que esixe como único esforzo esa separación previa na vivenda e o seu posterior traslado as novas instalacións que se ubicaron en zonas nas que hai un número elevado de veciños. “Confiamos en que a experiencia sexa un éxito porque vemos que hai conciencia de reciclaxe, temos moito que avanzar pero os datos son bos” asegura o edil.

Unha iniciativa que chega precedida de varias charlas precisamente para animar a xente e nas que tamén se promoveu a compostaxe individual co reparto destes composteiros que son  moi demandados por aquelas persoas que contan cun xardín ou un espazo axeitado para a súa ubicación e que antes de seis meses conseguen contar cun abono de calidade para as súas leiras e plantas.

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *