Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello investirá un millón de euros na humanización da rúa Picota e a contorna da capela de Santa Mariña

obra1
O Concello mellorará a rúa Picota e acondicionará a Fonte do Mouro así como a contorna da capela de Santa Mariña cunha achega de máis de 460.000 euros do plan ReacPon da Deputación. As obras contan cun investimento total de 993.834,47 euros e suporán a reposición do firme con novos empedrados e a recuperación do espazo dando máis protagonismo aos peóns fronte aos vehículos.

A intervención, tal e como figura no proxecto, trata de regularizar o trazado da rúa que forma parte do Camiño Portugués e que, actualmente, é o único da vila que non se atopa empedrado ademais de presentar discontinuidades nas súas beirarrúas o que dificulta o tránsito de peóns. Para mellorar esta situación, o firme da rúa será dotado con novos empedrados existentes nas prazas. Melloraránse ademais os accesos ás vivendas e as medianeiras vistas, recubríndose con xardiñeiras elevadas naqueles puntos onde asomen antigas cimentacións de edificios.

O proxecto deseñado actuará en tres frontes. Na Rúa Picota, co obxecto de integrala completamente no tecido urbano, de xeito que o empedrado que se utilice se mimetice co outro xa existente para conseguir un vial de plataforma única.

Na Praza Fonte do Mouro, na que continuará o empedrado relegándose a praza ao lateral leste conectada a través de ramplas e escaleiras accesibles.

Na contorna da capela de Santa Mariña, na se manterán os mesmos materiais que no resto das actuacións creándose, xa na praza unha “alfombra” de empedrado franqueada por dous grandes bancos que acotan o espazo e crean unha especie de adro ca propia capela que, actualmente, está suxeita a un intenso tráfico da N550 da que so está separada por unha xardiñeira.

Trátase, sinala a alcaldesa Digna Rivas, “de continuar mellorando as rúas e prazas para convertelos en espazos humanizados, de convivencia veciñal e na que as persoas teñan prioridade sobre os vehículos, como acontece xa hoxe en día en case que todas as vilas e grandes cidades”.

Prazas de aparcamento

A alcaldesa adiantou que o Concello estuda, nestes momentos, “diversas alternativas para o estacionamento de vehículos dos residentes, de xeito que quede minimizada a supresión de prazas nos lugares da actuación urbanística”. Non se trata de eliminar prazas de estacionamento, asegura Digna Rivas, “senón de compatibilizar a súa situación cunha humanización da contorna que contribuirá a mellorar a calidade de vida da veciñanza”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará