Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A SAR Rodavigo recupera a senda do triunfo

sarVITORIA

División de Honra Prata Feminina

SAR Rodavigo 29 – Balonmán Xixón 27

Logo da decepcionante derrota do último partido no que as de Vero Posada non puntuaron a falta dun gol, o partido ante o Xixón era vital. Foi un encontro no que a igualdade foi o factor dominante. As vantaxes dun ou doutro equipo eran rapidamente contrarrestadas. Ao descanso, o marcador reflectía un 14-12 para as locais. As mozas da SAR ampliaron a vantaxe ata o 23-19 no minuto 45. Logo as asturianas recortaron distancias e puxéronse a un só gol de diferenza. Na última acción, as redondelás sumaron un novo gol e selaron a vitoria. O seguinte desprazamento será a Castela e León para enfrontarse ao Hand Vall Valladolid.

Primeira Nacional

OAR Coruña 25-22 SAR Plastic Omnium

O encontro comezou moi igualado, onde mesmo a SAR chegou a mandar no marcador (2-4) sorprendendo ao equipo local. Despois dunha acción fortuíta, Iago Vidal sufriu unha lesión que o obrigou a abandonar o terreo de xogo e impediulle volver. Isto forzou a Moncho Pazos a facer un reaxuste no equipo para poder seguir facendo fronte ás acometidas do OAR. Os anfitrións aproveitaron para colocarse por encima, e ao fin da primeira parte o marcador era 13-9. O tempo de descanso serviu para repor forzas e corrixir algúns desaxustes. Cun parcial de 2-7 a SAR volveu poñerse por diante no marcador (15-16, min 40). Esta igualdade mantívose até o minuto 53 onde o OAR recuperou o mando e xa non o cedeu até o final do encontro. O equipo redondelán prepara agora a próxima xornada, visita a Bombonera o Saeplast Cañiza.

Luceros 42-26 Rodosa Chapela

O mal estado da pista do pavillón do Gatañal obriou a a suspender o partido entre o Luceros e o Rodosa Chapela. Finalmente o encontro xogouse no polideportivo do IES Rodeira. Os do Morrazo foron moi superiores ao equipo de Chapela, que perdeu por goleada. O sábado reciben no pavillón Manuel González Soto ao Calvo Xiria.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará