Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Juan Amoedo: “Para gañarlle ao Choco hai que facer moitas cousas ben”

ChocoAlondras

Logo dun importante triunfo no campo do Alondras, o CD Choco iguala a puntos aos do Morrazo. Sitúanse nunha posición cómoda na táboa, 11º, fóra dos postos de descenso directo. A vitoria por 0-1 en Cangas acadouse nun partido “moi traballado”, como o están a ser todos nesta categoría. Logo de 8 xornadas e con 9 puntos no casilleiro, o balance é moi positivo para Juan Amoedo, que destaca o bo traballo dos xogadores.

O adestrador do Choco fai un balance moi positivo deste comezo de temporada

Unha das cousas que máis sorprende ao técnico é a implicación dos seareiros do Choco. Tanto nos partidos da casa como nos de fóra, o seu público é fiel e sempre arroupa ao equipo, mesmo en longos desprazamentos a Portugal ou Lugo.

Amoedo amósase sorprendido da implicación dos seguidores do Chcoco

De seguro que os afeccionados encherán Santa Mariña no encontro que se disputará o próximo domingo ante o líder, o Somozas. Amoedo asegura que non lle porán as cousas doadas e lembra que outros equipos punteiros do grupo como o Barco ou o Polvorín non foron quen de gañar en Redondela. Advirte que para gañarlle ao Choco “hai que facer moitas cousas ben, porque o equipo sempre compite”.

O técnico advirte que o Somozas deberá facelo moi ben para gañar en Santa Mariña

O equipo recupera para o partido deste domingo a xogadores importantes que estaban lesionados como Caloi.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará