Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Detido e posto a disposición xudicial o atracador do estanco de Pai Crespo

estanco

Axentes da Policía Nacional detiveron na tarde do luns ao individuo de 43 anos e veciño do Muro que a pasada semana atracaba a punta de pistola e a cara descuberta o estanco situado na rúa Pai Crespo de Redondela. O home, vello coñecido da policía e con numerosos antecedentes, ameazara a dependenta levándose os 300 euros que había na caixa rexistradora así como varias caixas de tabaco.

Malia que o atracador lograra fuxir nun primeiro momento escapando pola zona do Salgueiral, o feito de que estivera identificado facía supoñer que a súa detención era cuestión de tempo. Finalmente foi a unha da tarde do pasado luns cando os axentes da Policía Nacional que estaban vixiando a súa vivenda o localizaron cando regresaba ao seu domicilio.

Na xornada de onte procedeuse a rexistrar ese inmoble co obxecto de atopar a pistola. Malia que non foi posible si se determinou que a arma coa que perpetrou o atraco era unha arma de fogueo. Hoxe está previsto que pase a disposición xudicial acusado dun delito de roubo con intimidación.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará