Hoxe é Sábado 7 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior busca agricultores

horta

O Concello de Soutomaior oferta novas prazas vacantes para participar na Escola Municipal de Horta Ecolóxica. Un proxecto co que se pretende achegar aos veciños e veciñas a agricultura ecolóxica a través dunha experiencia formativa e participativa para adquirir coñecementos que logo lles permitan poñer en marcha un proxecto similar nas súas propias hortas.

Ás persoas inscritas asígnaselle unha parcela durante un ano, prorrogable para que a persoa ou unidade familiar se responsabilice de coidala e mantela en bo estado. Durante este tempo as persoas aprenden a cultivar hortalizas dun xeito ecolóxico e biodinámico. No proxecto participan outras persoas que xa teñen experiencia e que axudaran ás novas persoas a iniciarse e guialo durante todo o proceso xa que trátase dun proxecto colaborativo e cun espírito comunitario.

A maiores será obrigatorio asistir a un curso de formación básica que será de balde organizado pola Concellería de Educación e Medio Ambiente para que as persoas inscritas poidan obter os coñecementos básicos e así comezar a súa andaina neste proxecto. Tamén se facilita un dossier con información xeral sobre os aspectos máis importantes en relación a cultivos, rotacións, control de pragas, etc.

Unha vez admitidas as persoas inscritas comunicaremos as datas do curso de formación e asignaremos unha parcela a cada nova familia. As prazas asígnanse por orde de recepción tendo preferencia as persoas empadroadas en Soutomaior.  A participación é de balde aínda que se cobra unha fianza coa inscrición de 10€ que se devolve cando a persoa finaliza o proxecto.A maiores da inscrición terás que presentar na OMIX o compromiso de aceptación de normas. O prazo de inscrición será desde o 15 ata o 29 de outubro. O inicio do curso está previsto para o mes de novembro.

Inscricións en liña premento aquí

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará