Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco suma a primeira vitoria da liga ante o Sofán

ChocoSofan

Terceira División

Choco 2-1 Sofán

O equipo redondelán sumou por fin a primeira vitoria da temporada. Foi na sexta xornada de liga e ante un rival directo, o Sofán, que chegaba tamén a Santa Mariña sen ter estreado aínda o seu casilleiro. E foi precisamente o equipo de Carballo o primeiro en marcar, mediada a primeira parte do encontro, polo que os de Juan Amoedo comezaron o partido remontando o 0-1 en contra. O Choco comezara o partido dominando o xogo, mentres o Sofán se replegaba tentando facer dano ao contragolpe. E Fita aproveitou un gran centro raso para botar o balón ao fondo da portaría de Cortegoso. Antes do descanso o Choco estivo a piques de anotar o empate cunha falta de Alberto Suárez que bateu no traveseiro e un lanzamento de cabeza de Juanma Torres que foi fóra por pouco. Antes de rematar a primeira parte os de Amoedo quedaron en superioridade numérica, logo de que o colexiado lle ensinase a Fabián o segundo cartón amarelo por unha falta nunha saída á contra do Choco.

No segundo tempo, cun home menos e vantaxe no marcador, o Sofán dedicouse a defender e os redondeláns a atacar cada vez máis. O gol do empate foi obra de Félix cun lanzamento de penalti no minuto 62. Tan só 9 minutos despois o Choco confirmaba a remontada cun centro de Berni que Hugo Sanmartín golpeou de cabeza para facer o 2-1. Tiveron ocasións para ampliar a vantaxe, con varios remates por fóra. E case pagan moi cara esa falta de acerto cando un lanzamento do Sofán, que podía supoñer o empate, bateou no traveseiro.

O domingo regresan á competición no campo do Juvenil, 6º na táboa. A cita será ás 18.00 horas.

Choco: Cortegoso, Berni, Ronald (Ranca, min.74), Kopa, Chata (Hugo, min.65); Félix (Álex Figueroa, min.86), Alberto Suárez, Caloi (Tomás Abelleira, min.65); Álex Pérez, Comis e Torres (Jorge Maceira, min.86).

Sofán: Julián, Iván, Borja Pita, Dani Becerra, Fita (Fraga, min.82), Paulo (Raúl Díaz, min.70), Martín (Canedo, min.46), Fabián, Diego, Kolié (Barbeito, min.55) e Eibe (Cristian, min.82).

Goles: 0-1, min.24: Fita;1-1, min.62: Félix, de penalti; 2-1, min.71: Hugo Sanmartín.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará