Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A patinaxe artística medra en Chapela

PatinaxeArealonga

Con tan só tres anos de vida o Club de Patinaxe Artística Arealonga Chapela é xa un referente en Galicia. O soño de Nerea Estévez para que nenas e nenos puidesen practicar esta disciplina na súa parroquia fíxose realidade. A adestradora, que segue en activo tamén como patinadora, explica que comezaron coas escolas de verán e deportivas, e agora o club está xa consolidado. Estévez agradece o apoio do Concello de Redondela para sacar adiante este proxecto. O club conta hoxe con máis de 100 deportistas desde os 3 anos de idade.

Nerea Estévez tiña como obxectivo que a patinaxe artística formase parte da oferta deportiva de Chapela

O club quere seguir medrando, por iso anima á rapazada de todas as idades a achegarse ao club e probar esta disciplina, “sobre todo aos nenos, que son minoría”

No club animan á rapazada de todas as idades a probar esta disciplina

O elevado número de patinadoras obriga ao club a repartirse polos diferentes pavillóns do municipio para facer os adestramentos. Ademais do González Soto de Chapela, tamén traballan no pavillón do CEIP Porto Cabeiro, no de Reboreda e o da Marisma, en Redondela. E os éxitos están a chegar. No Campionato Galego disputado o pasado mes de setembro o club acadou unha medalla de ouro. Foi para Martina Álvarez, campioa galega na categoría benxamín. Para Nerea estes resultados son froito do esforzo conxunto “de adestradores, familias e patinadoras”. A propia adestradora, que como patinadora compite co CPA Gondomar, coñece ben o traballo e dedicación precisos para chegar ao máis alto. É campioa de España individual e prata mundial na modalidade show, todo un referente para as súas pupilas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará