Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A banca ética, da utopía á realidade: o proxecto Fiare

fiare

Dende hai xa unha década o proxecto Fiare está implantado en España, un tipo de entidade financeira que fuxe da especulación e basea o seu funcionamento en tres principios básicos: a transparencia, a democracia e a participación en proxectos solidarios e transformadores. Para dar a coñecer o proxecto e resolver calquera dúbida celébrase este mércores 13 ás 20:00 horas no Multiusos de Redondela unha charla coloquio que contará coa intervención do coordinador do Grupo de Iniciativa Territorial (GIT) Galiza Sur, Manuel Adame.

Unha entidade que ofrece aos aforradores a posibilidade de contar con todos os servizos dun banco tradicional (tarxetas, domiciliacións, banca online) ao tempo que saben que están facendo posible a posta en marcha de proxectos viables. Explica Adame que estes usuarios non buscan rendabilidade económica senón unha alternativa, “xente que quere saber que se fan cos seus cartos, saber que van producir un impacto social positivo e que rexeitan que con ese diñeiro se financien empresas insolidarias e que carecen de responsabilidades social”.

Manuel Adame, Fiare banca Ética

A Baca Ética caracterízase por non buscar o máximo beneficio, apostando por investir en economía real e solidaria, é dicir, en proxectos que promovan o desenvolvemento sostible e a transformación social (vinculados á inserción social e laboral de persoas, a agroecoloxía, a eficiencia enerxética, a educación, a cultura e o comercio xusto, entre outros). Para determinar cada investimento realízase un estudo analizando a viabilidade do proxecto a financiar así como o seu compromiso ético.

Un dos datos que da conta da solidez deste tipo de banca é a morosidade “especialmente baixa, menos do 0’8% cando na banca tradicional está dous punto por riba”. O motivo é precisamente ese proceso de estudo previo que se realiza antes de conceder o préstamo, ademais de que se acompaña dando facilidades no caso de que haxa dificultades para abonar ese cartos.

Nese contexto Fiare ten experimentado un crecemento importante dende a súa implantación en España hai unha década. Un crecemento que se acelerou durante a pandemia “baténdose record en financiamento e en número de persoas que decidiron achegarse a este proxecto”. Un apoio cada vez maior que se nutre tamén da desconfianza que o aforrador ten cara a banca tradicional.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará