Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Unha pretemporada moi longa para o fútbol sala

PazosPretemporada

O SD Pazos xogou o pasado mes de setembro o Trofeo Concello de Pazos ante o Santiago Futsal

O atraso no comezo da Preferente Galega de fútbol sala está a facer que a pretemporada sexa “demasiado longa”, como explica o adestrador da Sociedade Deportiva Pazos, Fran Amoedo. O comezo do campionato estaba previsto para a pasada fin de semana, pero finalmente atrásase ao próximo 17 de outubro. Así o comunicou a federación galega aos clubs, entre os que están O SD Pazos xogou o pasado mes de setembro o Trofeo Concello de Pazos ante o Santiago Futsalo Redondela Maramar, o Arealonga e o SD Pazos. O feito de que se atrase o inicio podería supoñer que finalmente xa se poida xogar sen máscara, aínda que os clubs terán que seguir un protocolo que podería ser facer test de antíxenos cada 14 días ou presentar o correspondente certificado de vacinación. Nos vindeiros días autoridades sanitarias e federación terán que establecer o novo protocolo. Amoedo asegura que desde o seu club están dispostos a comezar a competición cumprindo a normativa sexa cal for “con máscara ou sen ela, con test de antíxenos ou co certificado de vacinación”.

Amoedo asegura que desde o seu club están dispostos a comezar a competición cumprindo a normativa sexa cal for

O que teñen claro no SD Pazos é que queren comezar a liga “canto antes”. Asegura o míster que están “moi ilusionados” co regreso á competición, logo de que o ano pasado rexeitasen xogar a liga “por precaución ante a situación de pandemia”. Agradece tamén o compromiso dos xogadores, xa que o 90% do cadro renovou, malia ser nunha categoría inferior. Agora a pretemporada, que comezaron no mes de agosto, estase facendo “demasiado longa”.

No SD Pazos están ilusionados co arranque da competición e queren comezar “cantos antes”

O feito de que o club de Pazos rexeitase competir na pasada campaña levou á federación a baixalos de categoría, desde a Terceira División á Preferente, que será na que comecen dentro de dez días. Serán o terceiro dos equipos da comarca nesta división, xunto ao Redondela Maramar e o Arealonga. Para Amoedo é un aliciente engadido poder disputar estes derbis, e fala tamén dos conxuntos redondeláns situando ao Maramar como “un dos claros candidatos ao ascenso”, mentres que o Arealonga, recén ascendido, entende que tomará a liga “con prudencia, vendo onde está o seu sitio”.

Esta temporada haberá interesantes derbis na Preferente con Redondela, Arealonga e Pazos

Na primeira xornada de liga o Arealonga protagonizará un dos derbis comarcais ante o Teis, o Redondela Maramar visitará a pista do Tui e o Pazos de Borbén estreará a temporada en terras ourensás ante o Verín Cigarrón.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará