Os traballos de limpeza realizados pola Xunta desenvólvense en ambos os dous regos ao seu paso polas parroquias de Reboreda e de Redondela. Os treitos obxecto das intervencións suman unha lonxitude de preto de 4,2 km. As tarefas céntranse na roza selectiva e na retirada de árbores e pólas caídas para evitar atoamentos na canle.
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, está a executar actuacións de conservación e limpeza nos treitos interurbanos do rego do Campelo e do rego das Maceiras.
Os treitos obxecto das intervencións suman unha lonxitude de preto de 4,2 km. As tarefas céntranse na roza selectiva e na retirada de árbores e pólas caídas na canle para evitar atoamentos. Unha vez finalizadas estas actuacións, os ríos quedarán despexados de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.
Augas de Galicia desenvolve estas accións no marco do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa, no ámbito territorial Galicia-sur e nas súas zonas de acceso e protección.
Estas intervencións contribuirán á mellora dos leitos fluviais para acadar condicións naturais dos ecosistemas que favorezan os aspectos medioambientais e de uso social na contorna dos ríos.