Hoxe é Luns 4 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Charla sobre a “estafa da tarifa eléctrica” en Arcade

luz

Noa Presas asistirá este xoves a un acto do BNG de Soutomaior para falar sobre a estafa da tarifa eléctrica. A deputada nacionalista compartirá escenario co tamén deputado e portavoz do grupo municipal, Manu Lourenzo, e o co responsable local, José Costas nun acto que terá lugar o xoves 7 ás 20.30 horas no multiusos de Arcade.

Baixo o nome ‘A suba da luz é unha estafa’ abordaranse as causas da importante suba do prezo da luz no último mes, e porase de manifesto o porque da necesidade dunha tarifa eléctrica para Galiza.

O coloquio informativo encádrase na rolda de actos e reunións informativas que o BNG de Soutomaior está a manter coa veciñanza do concello e chega precedido doutra charla o pasado mees de maio no que se convidou ás comunidades de montes da contorna do concello e á veciñanza interesada para visibilizar a situación dos parques eólicos na Galiza.

Insisten dende o Bloque que levan anos defendendo unha política enerxética que respecte á flora e fauna galega, poña en valor os inxentes recursos do país e que repercuta positivamente para a calidade de vida das galegas. Todo isto “fronte ao modelo enerxético que propugna a Xunta, “afastado” do interese xeral dos habitantes da Galiza e ao servizo das multinacionais”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará