Hoxe é Martes 19 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior renova a iluminación pública na N-550 ao seu paso por Arcade

castelao

Substituíronse 63 puntos de luz na rúa Castelao por outros de tecnoloxía LED que suporán un aforro próximo ao 60% anual para as arcas municipais. A mellora tivo un custo total de 28.000 euros financiados principalmente con fondos europeos e o convenio asinado entre o Concello de Soutomaior e a Deputación de Pontevedra.

A mellora supuxo a renovación de 63 puntos de luz por outros de tecnoloxía LED con regulación para reducir o fluxo lumínico nas horas de menor uso e dous cadros eléctricos para o seu control. O aforro estimado tras a renovación dos puntos de luz é superior ao 58%, pasando dos 54.159 kWh de consumo actual aos 22.927 previstos. Isto supón un aforro de máis de 3.000 euros anuais para as arcas municipais, que pasarán de abonar máis de 5.500 euros ao ano nesa zona a pouco máis de 2.000. Este aforro supón que o investimento realizado está amortizado ao 100% en menos de 10 anos, un prazo moi inferior ao tempo de vida estimado para as luminarias con esta tecnoloxía. Ademais, este descenso do consumo supón unha redución de emisións de CO2 á atmosfera de 16,2 toneladas ao ano desta molécula.

O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, destacou esta mellora como un paso adiante en moitos sentidos “un aforro para as arcas municipais, unha gran mellora en eficiencia enerxética e, sobre todo, un paso adiante en seguridade viaria porque garante a visibilidade adecuada con moi pouco mantemento e poucas incidencias”.

A nova iluminación LED, ademais de adaptarse ás novas normativas europeas de eficiencia enerxética, aumenta considerablemente a sensación de luminosidade, que se multiplica por tres en relación coas luminarias halóxenas anteriores, mellorando así a iluminación en toda a calzada durante o horario nocturno.

Ademais de ser máis eficientes, as novas luminarias LED tamén descenden notablemente a contaminación lumínica, principalmente nas vivendas próximas aos farois, xa que unha das vantaxes da tecnoloxía LED é que concentra o foco de luz sobre unha zona moi definida, algo que non lograban as antigas, permitindo que, ademais do aforro enerxético, os beneficios desta actuación tamén supoñan unha mellora para a seguridade viaria de peóns e condutores garantindo unhas óptimas condicións de visibilidade.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará