Hoxe é Martes 19 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Recollidas 17 toneladas de uva na finca do Castelo de Soutomaior

uva

Finalizados os traballos nas 4 hectáreas de viñedos que superaron as expectativas iniciais coa recolecta de máis de 15.000 quilos de uva albariña e 1.400 de godello

A vendima que vén de finalizar na finca do Castelo de Soutomaior desbordou as previsións iniciais e, deste xeito, a adega Enoturismo Acha SL puido recoller en dúas xornadas un total de 16.827 quilos de uva, fronte aos 15.000 estimados previamente. Da citada cantidade, 15.417 corresponden a uva albariña e os restantes 1.410 á variedade de godello,

A finca do Castelo conta con catro hectáreas de viñedos e a citada adega de Baión, foi a adxudicataria da poxa pública realizada pola Deputación para realizar estes traballos, cunha oferta de 1,36 euros por quilo de uva albariña recollida e de 1,1 euros para as outras variedades brancas (godello e torrontés). Na vendima participaron 25 persoas traballadoras.

Os viñedos do Castelo de Soutomaior foron plantados nos anos 80, cando a Deputación de Pontevedra se fixo cargo da fortaleza e os seus xardíns. A explotación distribúese nunha parte con terreos tipo castel e en terrazas, e outra sobre terreos húmicos, fértiles e con cuberta vexetal suficiente, o que fai que as producións non sexan moi altas. A uva é autóctona, na súa maioría albariño, habendo outras variedades tanto brancas (godello, torrontés, loureiro e treixadura) como tintas (mencía e sousón).

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará