Hoxe é Martes 19 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Música e teatro en Soutomaior

souto

O Concello de Soutomaior, a través das súas concellarías de Xuventude, organiza este fin de semana varias actividades para todos os públicos. A programación inclúe dous concertos musicais e unha obra de teatro. O acceso a todas as actividades será totalmente libre,aínda que o aforamento do auditorio estará limitado polas medidas sanitarias.

A primeira proposta do fin de semana é a primeira sesión do festival xuvenil “Soutomareiro”. Trátase dun espectáculo musical no que Laura LaMontagne&PicoAmperio abordan campos musicais desde o hip hop até o folclore medieval. A actuación terá lugar no multiusos de Arcade a partir das 21:30 horas de mañá venres.

A segunda actividade é a representación teatral “Feminisimas”. Unha obra que pretende sensibilizar e dar visibilidade a diferentes posicionamentos sobre o tema do feminismo e a educación en igualdade. A representación está dirixida ao público en xeral e preferentemente ao xuvenil, xa que pretende fomentar na mocidade as actividades de dinamización cultural. A obra comezará ás 21:30 horas do sábado no edificio multiusos de Arcade.

Por último, o domingo a partir das 19:30 horas na Alameda Tallo Río de Arcade, terá lugar o concerto de “Opera Break”. Un espectáculo no que se mestura opéraa co breakdance e a música electrónica nunha única función de man da soprano Esperanza Mara (Emanarche) e Dj Mil.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará