Hoxe é Domingo 6 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Reclaman a ampliación do velorio municipal de Soutomaior e a súa transformación en tanatorio

velorio souto

O BNG presentará no próximo pleno unha moción que recolle a demanda histórica tanto da formación nacionalistas como dos veciños do concello.

Non é a primeira vez que o BNG leva este tema ao pleno. En setembro do ano 2019, o portavoz municipal xa solicitou a ampliación do velorio, petición que se viu frustrada pola negativa do PP de Soutomaior. “É imprescindible que os veciños poidan facer uso dun edificio digno para poder despedir aos seus seres queridos como se merece”, indicou Lourenzo.

Ademais das fallas arquitectónicas, a situación loxística do velorio é “inexplicable”. A concesión do servizo funerario rematou hai dous anos. No novo expediente de adxudicación, a única empresa que se presentou, Dopemar, S.L., e que actualmente prestaba o servizo, renunciou inexplicablemente.

O BNG esixirá ao goberno local que dea respostas sobre a situación exacta na que se atopa o velorio, e que se posicione con respecto a unha das peticións máis unánimes que agora mesmo preocupa á veciñanza do concello.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará