Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O CD Choco suma o primeiro punto da tempada

CD Choco

Ronald adiantaría aos seus no minuto 25 pero dez minutos despois Mande marcaría o empate no partido disputado en Santa mariña e no que o Choco mediu as sáus forza co Viveiro.

Volvía o fútbol a Santa Mariña cunhas bancadas con moi boa afluencia para alentar ao CD Choco, no que sería o debut en competición oficial dun redondelán no banco, Juan Amoedo. O equipo logrou sumar o primeiro punto da competición nunha tempada na que é moi importante sumar para evitar posibles descensos.

A contenda comezou cun Choco dominante con chegadas continuas á área do equipo lucense, pero sen lograr materializalas en gol.

O CD Choco seguía buscando o gol ante un Viveiro replegado no seu campo para minguar as arremetidas locais. Sería Ronald no minuto 25 quen tras un saque de córner executado por Félix ao primeiro pau rematou sen piedade logrando así o primeiro tanto do partido.

Coa vantaxe no marcador, o CD Choco seguiu mantendo o nivel destes primeiros minutos e ben puido obter o segundo se o tiro de Álex Pérez non fose interceptado por Cedrón. Un tiro ao traveseiro do Vivieiro metería o susto no corpo aos locais, sendo na seguinte xogada, minuto 35 cando Mandei consegue o empate a balón parado tras un saque de esquina.

Co empate a un no marcador e sen moitas máis ocasións claras de gol chegaría o final do primeiro tempo.

Tras o paso por vestiarios, o CD Choco aínda que mantivo o dominio do partido, non se viu a un equipo tan fluído como na primeira parte. Custáballes crear ocasións con balóns en longo pero non foron capaces de romper o empate.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará