Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Rivas non sofre no seu primeiro pleno en minoría

pleno2

O Multiúsos da Xunqueira acollía este xoves o primeiro pleno municipal logo de facerse efectiva a ruptura do bipartito, unha vez que os tres edís de AER presentaron xa a súa renuncia. Unha sesión con pouco contido, máis aló de cuestións de trámite (inclusión no inventario municipal das Casas dos mestres, unha redución na achega que o Concello terá que facer a obra de reforma de Os Valos-Guizán grazas a unha subvención do IDAE ou o prego de condicións para o renting dun vehículo para o servizo eléctrico).

Ante esta orde do día o maior interese radicaba en ver os novos posicionamentos dos grupos políticos unha vez consumada o ruptura e cun partido socialista gobernando en clara minoría.

Foi Carmen Amoedo dende o PP, principal grupo da oposición, quen tentou rentabilizar o asunto dende o primeiro momento facendo referencias constantes ao goberno “de seis máis un” de Digna Rivas” así como “a falta de capacidade da alcaldesa para negociar, xa que non foi quen de negociar nin para manter o goberno co que arrancara este mandato”.

Atopouse con todo Amoedo coa resposta non de Rivas senón do BNG. Xoan Carlos González recriminaba á alcaldesa a súa falta de negociación nalgúns dos temas abordados polo pleno e pedía da alcaldía “máis diálogo e máis consenso de cara aos vindeiros dous anos de goberno”. Daba así por sentando o voceiro do Bloque que non haberá moción de censura en Redondela “porque a Amoedo non a queren como candidata nin o seu propio partido”.

Xoan Carlos González, BNG

Carmen Amoedo pola súa banda instaba ao BNG a entrar no goberno “non o fan porque non queren traballar, saben que se van estrelar” e instaba ao PSOE a “mellorar a súa xestión”.

Carmen Amoedo, PP

Contestaba dende o PSOE María Castro quen aseguraba que o goberno afronta este reto de gobernar en minoría “con moita honestidade, con moito traballo e moito esforzo porque estamos completamente motivados”.

María Castro, PSOE

Dende AER as referencias a ruptura chegaban da man de Roberto Villar quen falaba de “aires novos e vida nova xa na oposición” e prognosticaba que en Redondela van comezar a chove cartos e actuacións da Deputación para levantar este goberno”.

Roberto Villar, AER
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará