Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela e toda a bisbarra cae ao nivel baixo de restricións a partir do sábado

covid

A boa evolución da pandemia, con cada vez menos casos diagnosticados na comarca, permiten aos concellos de Redondela e Pazos de Borbén, nestes intres en nivel medio, pasar ao nivel máis baixo dos establecidos polo Comité Clínico e a Xunta. Un nivel baixo no que se atopaban xa tanto Soutomaior como Fornelos de Montes. Tamén a partir do sábado non haberá concellos en Galicia no nivel máximo tras saíren del Ordes, Monforte e Melide

O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola covid−19 acordou establecer o nivel alto de restricións para os concellos de Melide, Monforte de Lemos, Curtis, A Pobra de Trives e Viana do Bolo. Deste xeito, non queda ningún municipio galego en nivel máximo.

No caso de Redondela a boa evolución é evidente logo de constatarse un mes consecutivo de baixadas no número de casos novos de coronavirus: hai un mes eran 247 os positivos e a día de hoxe os últimos datos achegados pola Consellería de Sanidade falan de 35, un descenso que permitirá relaxar as medidas e pasar a restricións máis suaves.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará