Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG de Pazos denuncia vertidos de augas fecais procedentes das depuradoras municipais

Vertido en Pazos

O concello de Pazos de Borbén conta con tres equipos compactos de depuración situados nas parroquias de Nespereira, Amoedo e Pazos. Estes equipos, xunto ca estación depuradora de Moscoso encárganse de depurar parte das augas fecais do concello, xa que máis da metade dos veciños carecen deste servizo.

Dende o BNG aseguran que nos últimos meses verten  de  maneira  constante  augas residuais sen tratar e sen ningún tipo de control. Un feito que achacan a unha falta de mantemento por parte do Concello.

No mesmo sentido explican que aínda é “máis preocupante a situación de total abandono da  estación depuradora de Moscoso, que verte directamente as augas fecais sen ningún tipo de tratamento na cabeceira do regato Cabinchas, unha cloaca que descorre ata o encoro de Eiras que abastece de auga a comarca de Vigo”.

A esta situación de falta de mantemento das “depuradoras”, súmaselle os constantes problemas dos equipos de bombeo da rede de saneamento que con frecuencia deixan de funcionar causando malos cheiros e verquidos.

Dende a o Bloque Nacionalista denuncian que non se trata de algo puntual, senón que é unha situación constante durante moitos meses, incluso anos “un atentado ecolóxico do goberno de Andrés Iglesias que carece de ningún tipo de políticas ambientais e sensibilidade cara a nosa contorna natural”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará