Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O goberno local promove o contacto directo coa veciñanza

concello

O Concello de Redondela vén de dar un paso adiante na participación cidadá posibilitando que a veciñanza poida solicitar reunións cos concelleiros e concelleiras do grupo de Goberno e así poder trasladarlles, directamente, as súas demandas e suxestións. Con ese obxectivo publicaranse os números de teléfono dos membros do goberno na páxina web do Concello. Trátase, explica a alcaldesa Digna Rivas, “establecer canles de comunicación directa entre as veciñas e veciños e os responsables de cada área coa intención de axilizar a administración local”.

Os teléfonos móbiles serán publicados na páxina web do Concello e as reunións poderanse solicitar de luns a venres e de 09 h a 14 horas.

A maiores, todos los luns, de 17 h a 19 horas, os concelleiros estarán na Casa do Concello a disposición da veciñanza para que lles poidan trasladar, directamente as súas demandas.

“Era unha idea que tíñamos pensado hai tempo pero que, polas restricións provocadas pola pandemia, tivo que ser adiada”, afirma a alcaldesa de Redondela. A iniciativa retómase agoara coa intención clara de facilitar a comunicación directa entre a cidadanía e as concelleiras e concelleiros “o que redundará nunha maior fluidez da xestión municipal”, afirma Rivas.

Rivas retoma ademais as reunións nas diferentes parroquias para coñecer, in situ, as súas inquedanzas, suxestións e reclamacións.

O reinicio destas xuntanzas periódicas coa veciñanza comezará este martes día 7 de setembro no Centro Cultural de Cabeiro. Como xa viña facendo con anterioridade, antes da reunión a alcaldesa e as concelleiras e concelleiros, percorrerán distintas zonas da parroquia “buscamos que, sen ningún tipo de impedimento e con absoluta liberdade, a veciñanza teña a oportunidade de trasladarnos as súas necesidades”, conclúe Digna Rivas

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará